martes, 16 de mayo de 2023

sábado, 16 de mayo de 2020

EL PUNTO, Peter H. Reynolds


Este é o argumento da historia:Vashti non sabe que pintar na súa folla en branco. Non ten inspiración, nin sente que sabe pintar algo. A súa profesora a animará a deixar só unha marca na súa folla e a asinala. O día seguinte,  Vashti atopará a súa folla enmarcada na parede do colexio. A partir dese momento, sente que pode mellorar o que xa fixo, e .....non para de pintar puntos sobre puntos, ata utilizar técnicas pictóricas de todo tipo. Finalmente organízase unha exposición con todas  obras do alumnado,  e alí verá o seu debuxo exposto".

Observación para as familias:  Cando dicimos que non sabemos pintar ou debuxar, estamos limitando as nosas capacidades, todas e todos sabemos expresarnos, dun xeito ou doutro. A maioría das nenas e dos nenos aprenden por observación, imitando a nosa realidade, e son modelados para expresar esta realidade. para esta proposta didáctica, imos colaborar para crear, a través da mancha, do punto, de tamaños e grosores.
Pois esta actividade, está dirixida a  animarvos a crer no valor das vosas e nosas capacidades!!!.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
1. Debuxa un punto nunha folla en branco.
2. Completade a obra en colaboración coas persoas da casa. Pídelle alguen da túa familia que faga o mesmo.
3. Crea unha composición con todos os puntos, tendo en conta grosor, tamaño, círculo, con diferentes cores.
Anímate a compartila na Galería das nosas creacións.
Unha aperta!
#xestión emocional #autoestima #talento #aceptación #expresión artística #alfabetización múltiple #aulasdivertidasecreativas.


jueves, 14 de mayo de 2020

TINGUIR ARROZ. OBRADOIROS


Obradoiro Sensorial🧠.
Motricidade fina 🤲🤜✊.

Descubrimos as cores, a través desta actividade.

 Ingredientes:
- arroz
- colorantes alimentarios.
- bolsas pequenas, se teñen zip son máis cómodas para gardalas co arroz despois, se non as tedes serven calquera que teñades pola casa.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
1. Aprendemos a tinguir arroz para facer actividades manipulativas.
2. Crear unha paleta de cores, mesturando 1 gota, ou 2 diferentes e observar a cor que nos aparece.
3.Descubrir como se forman as cores, os seus nomes , ver as cantidades que precisamos para crear matices...
  3.a. OPCIONAL- Podedes escribir o nome na bolsa: azul, azul claro, verde escuro, ...
4. Crear debuxos usando a palma da man.

Por último, ....desfrutar, divertirnos e pasalo ben!

#estimulación sensorial #alfabetizacións múltiples #pensamento inductivo-deductivo #aulasdivertidaecreativas

miércoles, 6 de mayo de 2020

EL CORONAVIRUS Y EL MONSTRUO DE COLORES

Es un libro para poder comprender y gestionar la situación de confinamiento que estamos sufriendo en este momento.


PROPUESTA DE ACTIVIDAD:
1. Al monstruo se le han caído todos los colores, y ¿ahora que va a pasar? .
2. Colorea tu monstruo, o dibuja el monstruo que se va a inventar una pócima mágica (vacuna) para que podamos empezar con una vida más normalizada. Os dejo diferentes plantillas, para escoger, pero podéis hacer la vuestra  (os evitáis imprimir)
3. Os aportamos una receta muy golosa para apartar el miedo. Animaros a elaborarla!!!
4. Incluímos un juego, con los números hasta el 6. Necesitamos un dado.  A cada número tenéis que asignarle un color, por cada tirada cubrimos un círculo.
Esperamos que os guste!
Para acceder a las actividades, os dejo el  enlace de la actividad en mi aula de classroom: Materiais coronavirus Monstruo de colores . Si en enlace no os va, buscad "classroom, RecAntoS Da AulA, pinchad en éste  Código de la clase
wsqkh6c
Seleccionar tema
Subir foto


#pandemia #xestión emocional #procesos cognitivos #os números #as cores #lóxica matemática #aulasdivertidasy creativas. 

jueves, 30 de abril de 2020

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS


Fiz non era coma os outros nenos: era o máis medorento do mundo! Quen dixo medo? Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito do que, en principio, pode parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día. PROPOSTA DE ACTIVIDADE: 1. Facer unha lista cos nosos medos. Podedes clasificalos con cores: medo a enfermidade (dores de cabeza, barriga, ...), medo a pantasmas e monstros, medo a obscuridade, medo aos animais (abellóns, arañas, .....), etc 2. Elaborar unha caixa para metelos dentro, e animade a vosa familia a meter os seus medos. Unha vez gardados os medos xa non temos que preocuparnos!!!, Porque os medos tamén se asustan, e desaparecen ASí que xa sabes, falar de medos, nos quita o medo!!! Bicos gordos .:) #alfabetizacións múltiples #alfin #xestión emocional #simboloxías culturais #espaciodelecer #aulascreativasedivertidas

miércoles, 8 de noviembre de 2017

E QUE PODO FACER EU?

Para comprender o mundo que nos rodea e entender que paga a pena perseguir valores como igualdade, solidariedade e xustiza social.
Para aprender a ver máis alá de nós mesmos e axudar a quen o necesita case sen nos decatar.
Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar, mantendo unha actitude xenerosa que contribuirá ao noso crecemento persoal e fará moito máis satisfactoria a nosa vida.

jueves, 2 de noviembre de 2017

Un día en que a mamá se lle puxo cara de teteira

Un filme cheo de sentido do humor, que engancha desde o primeiro momento e que, mediante a combinación do cotián e do inesperado, nos traslada a un mundo fantástico e cheo de ritmo onde calquera cousa pode suceder.

martes, 31 de octubre de 2017

O PAPÓN

O Papón é un popular «comenenos»: xigante, cabezón, aspecto bruto e gran voracidade, que papa as nenas e os nenos enteiros e sen mastigar. O insólito heroe que resolve a situación repítese en todas as versións: unha pequena formiga. A súa figura emprégase coas nenas e cos nenos con funcións diversas: para que se porten ben, se deiten cedo, non se acheguen a descoñecidos... 
Estes relatos fantásticos constitúen un valioso complemento para o desenvolvemento na infancia. Con eles os cativos poden entender conceptos abstractos dun xeito doado, xa que os problemas e angustias existenciais preséntanse a través de personaxes populares. 

martes, 20 de diciembre de 2016

VOLVER A CASA POR NADAL

O CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda"en A Coruña 2015, subtitularon esta panxoliña de Xabarín & xababanda, Manuel M. Romón e Pablo Novoa.


lunes, 19 de diciembre de 2016

SNOWMAN

Maravillosa historia de este muñeco de nieve.
 La música compuesta por Christian Abbott.
En esta página os podréis bajar la música: Snowman

sábado, 17 de diciembre de 2016

Lily, y su muñeco de nieve.

En estas fechas tan señaladas buscamos recursos para hablar del invierno.

 Iniciámos esta temática mezclada con el caos de la Navidad.

Este precioso multimedia nos puede servir como elemento de motivación, e introducir esta nueva estación.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

LA ESCUELA DE LA MUERTE

Claves:
El egipcio de pierverdoza = Osiris
Su niño con cabeza de perro negra:
Anubis La mujer de blanco delgada de china: Izanami

domingo, 6 de noviembre de 2016

ASÍ CELEBRÁMOLO SAMAÍN NA ESCOLA

María MANUELA e Manuelita saíron da casa de Lola e José, e foron dar unha volta polas escolas de Padrón: Pazos e Extramundi.
Foi unha longa viaxe de varios días, pero lograron entrar e ver o que había nas escolas.
Chegando a Extramundi.....




Chegando a Pazos....



Gustoulles tanto que nalgun momento voltarán!!!

EL HUMOR Y EL ALIVIO DE SER QUIENES SOMOS



Luis Pescetti es uno de mis artistas favoritos. Me acompaña cada curso escolar, con 2 de sus temas "el vampiro negro", y "el niño caníbal". Es increíble como la magia y la sinergia surge a través de una pizarra digital. Es un conocido autor de libros para niñas/os y adultos, actor y comediante, musicoterapeuta y docente, ya con sede en México y Argentina, desarrolla una larga y diversa carrera como autor y actor.

Ha editado seis CDs El vampiro negro, Cassette pirata, Bocasucia, Qué público de porquería, Antología e Inútil Insistir (Premio Carlos Gardel 2009) , y dos DVDs No quiero ir a dormir y Luis te ve.

Ha llevado una infinidad de menciones y premios... The White Ravens (Alemania) en 3 oportunidades, el Premio Casa de las Américas (Cuba), Fantasía (2000, Argentina) y Lista de honor de la revista Cuatrogatos (EEUU, 2001).

Veamos en que consiste esta didáctica:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...