sábado, 16 de mayo de 2020

EL PUNTO, Peter H. Reynolds


Este é o argumento da historia:Vashti non sabe que pintar na súa folla en branco. Non ten inspiración, nin sente que sabe pintar algo. A súa profesora a animará a deixar só unha marca na súa folla e a asinala. O día seguinte,  Vashti atopará a súa folla enmarcada na parede do colexio. A partir dese momento, sente que pode mellorar o que xa fixo, e .....non para de pintar puntos sobre puntos, ata utilizar técnicas pictóricas de todo tipo. Finalmente organízase unha exposición con todas  obras do alumnado,  e alí verá o seu debuxo exposto".

Observación para as familias:  Cando dicimos que non sabemos pintar ou debuxar, estamos limitando as nosas capacidades, todas e todos sabemos expresarnos, dun xeito ou doutro. A maioría das nenas e dos nenos aprenden por observación, imitando a nosa realidade, e son modelados para expresar esta realidade. para esta proposta didáctica, imos colaborar para crear, a través da mancha, do punto, de tamaños e grosores.
Pois esta actividade, está dirixida a  animarvos a crer no valor das vosas e nosas capacidades!!!.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
1. Debuxa un punto nunha folla en branco.
2. Completade a obra en colaboración coas persoas da casa. Pídelle alguen da túa familia que faga o mesmo.
3. Crea unha composición con todos os puntos, tendo en conta grosor, tamaño, círculo, con diferentes cores.
Anímate a compartila na Galería das nosas creacións.
Unha aperta!
#xestión emocional #autoestima #talento #aceptación #expresión artística #alfabetización múltiple #aulasdivertidasecreativas.


1 comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...