Mostrando entradas con la etiqueta AUDIOCONTOS.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUDIOCONTOS.. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2020

AUDIOLIBRO. FONEMA /C/. A CEBRA CAMILA. E O FONEMA /k/ COCORICO

QUE DIVERTIDO É O NOSO SISTEMA FONÉTICO, CANTAS POSIBILIDADES DE PRONUNCIA!!!
DESENVOLVEREMOS UN GRAFEMA QUE DEPENDENDO DA VOGAL QUE O ACOMPANE CAMBIA OS SEU SON.
O ELEMENTO DE MOTIVACIÓN VAI SER A LITERATURA, A TRAVÉS DESTES CONTOS IMOS ABRIR DIFERENTES POSIBILIDADES DE PRONUNCIA...PERO ISTO É UN SEGREDO PARA ELAS E ELES...QUE O DESCUBRIRAN POUCO A POUCO CANDO ESCRIBAMOS O TÍTULO DESTES CONTOS.
 CANDO NOS REFERIMOS A ESCRIBIR, FALAMOS DE EXPRESAR ( DEPENDENDO DA FASE DA LINGUA ESCRITA NA QUE ESTEAN ...GARABATOS, CÍRCULOS, RAIAS, ...AS LETRAS DO SEU NOME...). 
NESTE SENSO ACOMPANÁMOLO POR PALABRAS ESCRITAS (POR NÓS SE QUEREN IMITAR O MODELO), AXÚDALLES A SECUENCIAR E ESTAMOS A MODELAR ESTA SECUENCIA OFRECENDOLLES DISTINTAS CANLES DE ENTRADA, A VISUAL E A AUDITIVA.

PROPOSTA DIDÁCTICA:
- "A CEBRA CAMILA" - KALANDRAKA EDITORIAL. Unha viaxe para crecer, con sumas e restas encadeadas, sete bágoas e sete amizades... e moito máis nunha historia repleta de tenrura, colaboración e axuda mutua.
 Deixovos unha proposta de actividade que iamos levar a cabo na aula, por se apetece levar algo a papel.




  COCORICO - "COCORICO" (VERSIÓN CONTO MUSICADO)- OQO EDITORIAL Mamá Galiña vai facer un biscoito, pero hai que ir por leña e Cocorico ofrécese. Mentres a recolle, coñece a Gato Pelado, que lle propón un trato: salvar a vida a cambio do biscoito. Conseguirán facelo a tempo?  
 #DISCRIMINACION FONOLÓXICA #BASES PARA A LINGUAXE ESCRITA #GRAFEMAS. ALGORITMOS #ATENCIÓN #MEMORIA #LINGUAXE ARTÍSTICA #ESTIMULACION DA LINGUAXE #AULADIVERTIDASECREATIVAS

ACTIVIDADES INTERACTIVAS
A cebra camila, una ficha interactiva de SusanaVila
liveworksheets.com

jueves, 30 de abril de 2020

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS


Fiz non era coma os outros nenos: era o máis medorento do mundo! Quen dixo medo? Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito do que, en principio, pode parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día. PROPOSTA DE ACTIVIDADE: 1. Facer unha lista cos nosos medos. Podedes clasificalos con cores: medo a enfermidade (dores de cabeza, barriga, ...), medo a pantasmas e monstros, medo a obscuridade, medo aos animais (abellóns, arañas, .....), etc 2. Elaborar unha caixa para metelos dentro, e animade a vosa familia a meter os seus medos. Unha vez gardados os medos xa non temos que preocuparnos!!!, Porque os medos tamén se asustan, e desaparecen ASí que xa sabes, falar de medos, nos quita o medo!!! Bicos gordos .:) #alfabetizacións múltiples #alfin #xestión emocional #simboloxías culturais #espaciodelecer #aulascreativasedivertidas

viernes, 21 de octubre de 2016

miércoles, 27 de noviembre de 2013

TALE HEART, EDGAR ALLAN POE


Tell Tale Heart (Corazón Delator) de Edgar Allan Poe cuanta la historia de un joven empleado comienza a obsesionarse con el ojo ciego del anciano con el cual convive. Su visión termina resultándole insoportable, hasta que una noche pone fin a su vida. La policía acude a investigar. Finalmente, el propio asesino sufre una espantosa alucinación donde termina confesando su crimen.

sábado, 12 de octubre de 2013

A NENA QUE NON DEIXABAN SER FELIZ

"A nena á que non deixaban ser feliz" é un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector. Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como: o principiño, Momo ou George Orwel. Os autores do libro, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen transportarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz sobre a situación actual cunha escrita apropiada para tod@s e recomendada a partir dos sete anos.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...