jueves, 21 de mayo de 2020

AUDIOLIBRO. FONEMA /C/. A CEBRA CAMILA. E O FONEMA /k/ COCORICO

QUE DIVERTIDO É O NOSO SISTEMA FONÉTICO, CANTAS POSIBILIDADES DE PRONUNCIA!!!
DESENVOLVEREMOS UN GRAFEMA QUE DEPENDENDO DA VOGAL QUE O ACOMPANE CAMBIA OS SEU SON.
O ELEMENTO DE MOTIVACIÓN VAI SER A LITERATURA, A TRAVÉS DESTES CONTOS IMOS ABRIR DIFERENTES POSIBILIDADES DE PRONUNCIA...PERO ISTO É UN SEGREDO PARA ELAS E ELES...QUE O DESCUBRIRAN POUCO A POUCO CANDO ESCRIBAMOS O TÍTULO DESTES CONTOS.
 CANDO NOS REFERIMOS A ESCRIBIR, FALAMOS DE EXPRESAR ( DEPENDENDO DA FASE DA LINGUA ESCRITA NA QUE ESTEAN ...GARABATOS, CÍRCULOS, RAIAS, ...AS LETRAS DO SEU NOME...). 
NESTE SENSO ACOMPANÁMOLO POR PALABRAS ESCRITAS (POR NÓS SE QUEREN IMITAR O MODELO), AXÚDALLES A SECUENCIAR E ESTAMOS A MODELAR ESTA SECUENCIA OFRECENDOLLES DISTINTAS CANLES DE ENTRADA, A VISUAL E A AUDITIVA.

PROPOSTA DIDÁCTICA:
- "A CEBRA CAMILA" - KALANDRAKA EDITORIAL. Unha viaxe para crecer, con sumas e restas encadeadas, sete bágoas e sete amizades... e moito máis nunha historia repleta de tenrura, colaboración e axuda mutua.
 Deixovos unha proposta de actividade que iamos levar a cabo na aula, por se apetece levar algo a papel.




  COCORICO - "COCORICO" (VERSIÓN CONTO MUSICADO)- OQO EDITORIAL Mamá Galiña vai facer un biscoito, pero hai que ir por leña e Cocorico ofrécese. Mentres a recolle, coñece a Gato Pelado, que lle propón un trato: salvar a vida a cambio do biscoito. Conseguirán facelo a tempo?  
 #DISCRIMINACION FONOLÓXICA #BASES PARA A LINGUAXE ESCRITA #GRAFEMAS. ALGORITMOS #ATENCIÓN #MEMORIA #LINGUAXE ARTÍSTICA #ESTIMULACION DA LINGUAXE #AULADIVERTIDASECREATIVAS

ACTIVIDADES INTERACTIVAS
A cebra camila, una ficha interactiva de SusanaVila
liveworksheets.com

sábado, 16 de mayo de 2020

EL PUNTO, Peter H. Reynolds


Este é o argumento da historia:Vashti non sabe que pintar na súa folla en branco. Non ten inspiración, nin sente que sabe pintar algo. A súa profesora a animará a deixar só unha marca na súa folla e a asinala. O día seguinte,  Vashti atopará a súa folla enmarcada na parede do colexio. A partir dese momento, sente que pode mellorar o que xa fixo, e .....non para de pintar puntos sobre puntos, ata utilizar técnicas pictóricas de todo tipo. Finalmente organízase unha exposición con todas  obras do alumnado,  e alí verá o seu debuxo exposto".

Observación para as familias:  Cando dicimos que non sabemos pintar ou debuxar, estamos limitando as nosas capacidades, todas e todos sabemos expresarnos, dun xeito ou doutro. A maioría das nenas e dos nenos aprenden por observación, imitando a nosa realidade, e son modelados para expresar esta realidade. para esta proposta didáctica, imos colaborar para crear, a través da mancha, do punto, de tamaños e grosores.
Pois esta actividade, está dirixida a  animarvos a crer no valor das vosas e nosas capacidades!!!.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
1. Debuxa un punto nunha folla en branco.
2. Completade a obra en colaboración coas persoas da casa. Pídelle alguen da túa familia que faga o mesmo.
3. Crea unha composición con todos os puntos, tendo en conta grosor, tamaño, círculo, con diferentes cores.
Anímate a compartila na Galería das nosas creacións.
Unha aperta!
#xestión emocional #autoestima #talento #aceptación #expresión artística #alfabetización múltiple #aulasdivertidasecreativas.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...