QUE DIVERTIDO É O NOSO SISTEMA FONÉTICO, CANTAS POSIBILIDADES DE PRONUNCIA!!! DESENVOLVEREMOS UN GRAFEMA QUE DEPENDENDO DA VOGAL QUE O ACOMPANE CAMBIA OS SEU SON. O ELEMENTO DE MOTIVACIÓN VAI SER A LITERATURA, A TRAVÉS DESTES CONTOS IMOS ABRIR DIFERENTES POSIBILIDADES DE PRONUNCIA...PERO ISTO É UN SEGREDO PARA ELAS E ELES...QUE O DESCUBRIRAN POUCO A POUCO CANDO ESCRIBAMOS O TÍTULO DESTES CONTOS. CANDO NOS REFERIMOS A ESCRIBIR, FALAMOS DE EXPRESAR ( DEPENDENDO DA FASE DA LINGUA ESCRITA NA QUE ESTEAN ...GARABATOS, CÍRCULOS, RAIAS, ...AS LETRAS DO SEU NOME...). NESTE SENSO ACOMPANÁMOLO POR PALABRAS ESCRITAS (POR NÓS SE QUEREN IMITAR O MODELO), AXÚDALLES A SECUENCIAR E ESTAMOS A MODELAR ESTA SECUENCIA OFRECENDOLLES DISTINTAS CANLES DE ENTRADA, A VISUAL E A AUDITIVA. PROPOSTA DIDÁCTICA: - "A CEBRA CAMILA" - KALANDRAKA EDITORIAL. Unha viaxe para crecer, con sumas e restas encadeadas, sete bágoas e sete amizades... e moito máis nunha historia repleta de tenrura, colaboración e axuda mutua. Deixovos unha proposta de actividade que iamos levar a cabo na aula, por se apetece levar algo a papel.
COCORICO
- "COCORICO" (VERSIÓN CONTO MUSICADO)- OQO EDITORIAL
Mamá Galiña vai facer un biscoito, pero hai que ir por leña e Cocorico ofrécese. Mentres a recolle, coñece a Gato Pelado, que lle propón un trato: salvar a vida a cambio do biscoito.
Conseguirán facelo a tempo?
#DISCRIMINACION FONOLÓXICA #BASES PARA A LINGUAXE ESCRITA #GRAFEMAS. ALGORITMOS #ATENCIÓN #MEMORIA #LINGUAXE ARTÍSTICA #ESTIMULACION DA LINGUAXE #AULADIVERTIDASECREATIVAS
Hai pouco descubrín este grupo, rock en galego, paréceme un tema fantástico para traballar o ritmo e a fluidez, así como a lectura co alumnado a partir dos 5 anos.
Esta é unha actividade de aula elaborada para os primeiros cursos de Primaria. Partimos de contos tradicionais e fixemos os nosos propios contos. Para a posta en escea preparouse unha presentación na PDI de modo que acompanase a letura dos contos a tódolos compañeiros e compañeiras do centro. Foi unha xornada moi agradable!!!