martes, 31 de octubre de 2017

O PAPÓN

O Papón é un popular «comenenos»: xigante, cabezón, aspecto bruto e gran voracidade, que papa as nenas e os nenos enteiros e sen mastigar. O insólito heroe que resolve a situación repítese en todas as versións: unha pequena formiga. A súa figura emprégase coas nenas e cos nenos con funcións diversas: para que se porten ben, se deiten cedo, non se acheguen a descoñecidos... 
Estes relatos fantásticos constitúen un valioso complemento para o desenvolvemento na infancia. Con eles os cativos poden entender conceptos abstractos dun xeito doado, xa que os problemas e angustias existenciais preséntanse a través de personaxes populares. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...