Mostrando entradas con la etiqueta INTELIXENCIA EMOCIONAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INTELIXENCIA EMOCIONAL. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2020

EL PUNTO, Peter H. Reynolds


Este é o argumento da historia:Vashti non sabe que pintar na súa folla en branco. Non ten inspiración, nin sente que sabe pintar algo. A súa profesora a animará a deixar só unha marca na súa folla e a asinala. O día seguinte,  Vashti atopará a súa folla enmarcada na parede do colexio. A partir dese momento, sente que pode mellorar o que xa fixo, e .....non para de pintar puntos sobre puntos, ata utilizar técnicas pictóricas de todo tipo. Finalmente organízase unha exposición con todas  obras do alumnado,  e alí verá o seu debuxo exposto".

Observación para as familias:  Cando dicimos que non sabemos pintar ou debuxar, estamos limitando as nosas capacidades, todas e todos sabemos expresarnos, dun xeito ou doutro. A maioría das nenas e dos nenos aprenden por observación, imitando a nosa realidade, e son modelados para expresar esta realidade. para esta proposta didáctica, imos colaborar para crear, a través da mancha, do punto, de tamaños e grosores.
Pois esta actividade, está dirixida a  animarvos a crer no valor das vosas e nosas capacidades!!!.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
1. Debuxa un punto nunha folla en branco.
2. Completade a obra en colaboración coas persoas da casa. Pídelle alguen da túa familia que faga o mesmo.
3. Crea unha composición con todos os puntos, tendo en conta grosor, tamaño, círculo, con diferentes cores.
Anímate a compartila na Galería das nosas creacións.
Unha aperta!
#xestión emocional #autoestima #talento #aceptación #expresión artística #alfabetización múltiple #aulasdivertidasecreativas.


jueves, 30 de abril de 2020

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS


Fiz non era coma os outros nenos: era o máis medorento do mundo! Quen dixo medo? Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito do que, en principio, pode parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día. PROPOSTA DE ACTIVIDADE: 1. Facer unha lista cos nosos medos. Podedes clasificalos con cores: medo a enfermidade (dores de cabeza, barriga, ...), medo a pantasmas e monstros, medo a obscuridade, medo aos animais (abellóns, arañas, .....), etc 2. Elaborar unha caixa para metelos dentro, e animade a vosa familia a meter os seus medos. Unha vez gardados os medos xa non temos que preocuparnos!!!, Porque os medos tamén se asustan, e desaparecen ASí que xa sabes, falar de medos, nos quita o medo!!! Bicos gordos .:) #alfabetizacións múltiples #alfin #xestión emocional #simboloxías culturais #espaciodelecer #aulascreativasedivertidas

miércoles, 8 de noviembre de 2017

E QUE PODO FACER EU?

Para comprender o mundo que nos rodea e entender que paga a pena perseguir valores como igualdade, solidariedade e xustiza social.
Para aprender a ver máis alá de nós mesmos e axudar a quen o necesita case sen nos decatar.
Abonda con abrir os ollos e aprender a mirar, mantendo unha actitude xenerosa que contribuirá ao noso crecemento persoal e fará moito máis satisfactoria a nosa vida.

domingo, 28 de diciembre de 2014

¿CÓMO ME SIENTO HOY?

Enojado / para explotar: ¿Cómo me siento? ¿Cómo lo expreso? ¿Cómo me veo? ¿Qué pueden hacer por mi otras personas? Exaltado – muy nervioso ¿Cómo me siento? ¿Cómo lo expreso? ¿Cómo me veo? ¿Qué pueden hacer por mi otras personas? Inquieto / intranquilo/Molesto/Nervioso ¿Cómo me siento? ¿Cómo lo expreso? ¿Cómo me veo? ¿Qué pueden hacer por mi otras personas? Tranquilo ¿Cómo me siento? ¿Cómo lo expreso? ¿Cómo me veo? ¿Qué pueden hacer por mi otras personas? ¿Cómo me siento hoy?

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...