viernes, 13 de julio de 2012

O Castro

O NACEMENTO DO CASTRO.
Na idade do Bronce, os homes comezan a dominar a natureza; as novas ferramentas de bronce elevarán a produtividade das terras e agromarán unha nova sociedade sedentaria, orixe dos castros. A extraordinaria orografía e natureza de Galicia serán ademais, a base de relixións panteistas que terán continuidade ao longo de varios centenares de anos, prácticamente ata os nosos días.
El legado celta (X.Manuel Novoa, 2011)



Iste é un video divulgativo moi pouco coñecido e producido en 1986. A arqueoloxía moderna cuestiona algunhas das súas ideas, mais pareceunos interesante aportar iste documento visual - de hai 26 anos- sobre o tempo dos castros en Galicia. Nesta primeira parte abórdase a cultura material.O castrexo (Xosé Búa/Manolo González, 1986)




Pequenos grupos indoeuropeos de base céltica, veñen a asentarse cara ao norte da Peninsula Ibérica, fusionándose coas poboacións indíxenas. O xeografo grego Estrabón daranos unha descrición moi "colonial" do seu estilo de vida.


Minidocumental sobre os traballos e a vida cotián dos habitantes dos castros do Noroeste Peninsular.


O CASTRO DE VILADONGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...